Prazo aberto da inscrición tempada 2018-2019
Un ano máis, e co gallo de ir organizando a tempada 2018-2019, ábrese o periodo de
inscrición para a competición de liga 2018-2019.
A diferencia doutros ano, a inscrición deberase facer online, através da paxina web
www.veteranosdeourense.com , ahí atoparedes unha imaxe onde pon “INSCRICIÓN TEMPADA
2018-2019”.
A inscrición débese facer online, e tanto o ingreso da “renovación” ou “nova alta” como
o da solicitude da inscrición deberase realizar antes do 30 de xuño de 2018.
Cuberto e enviado o formulario da solicitude online recibiredes unha confirmación
ao correo electrónico que puxestes en dita solicitude confirmando o envio.
Se no prazo máximo establecido do 30 de xuño de 2018 a Asociación no ten recibido a
solicitude e o ingreso entederase que desiste da súa participación para a seguinte
tempada.
A asociación aconsella que se vaia facendo a inscrición online aínda que o pagamento
non esté feito, (lembrade que dito pagamento tería que estar feito no prazo máximo establecido do
30 de xuño de 2018.)
Se algún delegado de equipo prefire realizar a inscrición a través do formulario en
papel, deberá poñerse en contacto co presidente da Asociación para que llelo faga chegar respetando, do mesmo xeito, os prazos de inscrición.
O presidente.