Regulamento de Competición da Asociación de Veteranos
I. Da organización e representación
Preámbulo. A Asociación Cultural de Futbolistas de Ourense que, no sucesivo e para o desenvolvemento deste Regulamento virá recollida coas iniciais A.C.F.V.O., estará representada polo seu Presidente que será o seu máximo órgano de representación. Entre outros órganos da A.C.F.V.O. estará o Comité de Competición que vai ter as funcións establecidas neste Regulamento.
II. Da organización dos equipos e a inscrición dos xogadores
Artigo 1º. Poderán participar nos torneos e campionatos organizados pola
A.C.F.V.O. todos aqueles deportistas que teñan cumpridos 30 anos. Non se poderá facer ficha ós menores desta idade, aínda que non vaian participar na competición.
Artigo 2º. Non poderán dispoñer de ficha nas competicións organizadas pola
A.C.F.V.O. aquelas persoas que teñan licenza como futbolistas federados en calquera categoría dentro da mesma temporada
- Enténde a este efecto que a data de referencia é o 1 de setembro1.
- Se durante o transcurso de calquera competición organizada pola C.F.V.O un xogador adquirise a condición de federado, mediante a correspondente licencia, o equipo do que dependa estará obrigado a entregar a súa ficha na A.C.F.V.O para proceder á súa baixa.
Artigo 3º. Dentro do prazo de inscrición establecido, cada club que desexe participar, entregará na sede da AC.F.V.O. a correspondente folla de inscrición debidamente cumprimentada.
Artigo 4º. 1. Todos os equipos participantes teñen a obriga de pagar unha cota de inscrición, antes do inicio de cada temporada, para sufragar os gastos da A.C.F.V.O. durante o desenvolvemento da mesma. Asimesmo deberán aboar o seguro dos xogadores fixándose o número mínimo en once (11) para poder iniciar a temporada.
- Os equipos que se inscriben por primeira vez deberán aboar como cota de inscrición o dobre do fixado para os equipos
- Estas cotas serán determinadas sempre nunha asemblea extraordinaria da C.F.V.O.
1 Acordo do 3/5/2010
Artigo 5º. Para cada xogador que entre a formar parte dun equipo deberase cubrir a correspondente ficha e tramitala na A.C.F.V.O., xuntando, ademais, unha fotocopia do DNI e unha fotografía tamaño carné. Cando se dilixencie unha ficha nova deberase presentarse tamén o orixinal do DNI, se así o demandase a A.C.F.V.O.
Artigo 6º. A falta de cinco partidos para a finalización da competición de liga, non se poderán dilixenciar fichas para ningunha competición.
Artigo 7º. O número de xogadores que poden ter ficha en cada equipo é de 30.
Artigo 8º. O xogador que teña ficha en vigor por un club e non fose aliñado en ningún partido (non pode aparecer reflectido en ningunha acta), poderá cambiar de club, previa entrega da ficha do club de procedencia.
- No caso de que tivese participado nalgún partido (se figura nunha acta arbitral), o cambio de club poderá realizarse entre o os días 1 e 31 do mes de decembro, coa preceptiva entrega da ficha do club de
- No caso de que un club se dese de baixa, os seus xogadores poderán fichar por outro equipo se non estivesen sancionados para o que deberán dilixenciar unha nova
Artigo 9º. Cada club terá a obriga de designar dous delegados como representantes perante a A.C.F.V.O. Nas Asembleas soamente un deles terá dereito a voz e voto.
Artigo 10º. 1. Na comida ou cea de fin de temporada, será obrigatoria a presenza de alomenos un delegado de cada equipo inscrito na A.C.F.V.O.
- No caso de ausencia será sancionado co dobre do que custe o prato por persoa. (poñer no cap. II)
Artigo 11º. Cando se convoque unha Asemblea xeral de delegados, será obrigatoria a presenza de alomenos un, ou persoa autorizada, por cada club. No caso de inasistencia será sancionado o equipo cunha multa de trinta euros (30€). (pasar a cap. II)
Artigo 12º. En cada campionato existirá o Trofeo á Deportividade, ademais daqueles outros trofeos ou distincións que acorde o órgano competente.
III. Das normas de competición
Artigo 13º. Todos os equipos que participen nas competicións organizadas pola
A.C.F.V.O. deberán dispor dun campo fixo para a disputa dos seus partidos. De non cumprir este requisito non poderán participar nos torneos e competicións.
Artigo 14º. 1. Os campos nos que se vaian disputar partidos organizados pola
A.C.F.V.O. deberán ter debidamente marcadas as distintas zonas de xogo, as redes das porterías en condicións e os vestiarios abertos, limpos e con auga quente.
- Os árbitros teñen a obriga de reflectir na Acta todas as anomalías que xurdan a este
- Para a celebración do partido o equipo local ten a obriga de presentar dous balóns e, un, o
Artigo 15º. 1. Todos os partidos da competición xogaranse o sábado pola tarde ou o domingo pola mañá dentro da franxa horaria establecida.
- Se por calquera causa, a C.F.V.O. se vise na obriga ou necesidade de programar un partido para un día da semana diferente do sábado, os equipos non poderán negarse. No caso contrario seralles de aplicación o disposto no artigo 39 deste Regulamento.
- No caso de imposibilidade de utilizar un campo na data e horario previstos por estar ocupado, serán os propios equipos os que resolvan a cuestión. De non existir acordo, o equipo local poderá pasar o partido á mañá do domingo 2 ou tarde do sábado segundo o caso.
- Os cambios de data deberán ser comunicados ó equipo contrario e á ACFVO, alomenos, antes das 22:00 horas do mércores Se o aviso por parte do equipo local non se producise coa antelación indicada será sancionado coa aplicación do artigo 39 deste Regulamento.
- O feito de compartiren campo varios equipos povocará necesariamente algunha coincidencia que obrigará a disputar algún partido o domingo pola mañá. Neste caso o equipo visitante non poderá negarse sempre que se produza o aviso coa antelación fixada 3.
Artigo 16º. 1. A hora de inicio dos partidos para toda a temporada será a que figura no horario que segue que ten carácter de oficial.
2 Acordo do 30/03/09
3 Acordo do 11/09/06
Horario oficial
Mes | Hora |
Agosto | 18:00 horas |
Setembro | 17:30 horas |
Outubro | 16:30 horas |
Novembro | 16:00 horas |
Decembro | 16:00 horas |
Xaneiro | 16:00 horas |
Febreiro | 16:30 horas |
Marzo | 17:00 horas |
Abril | 17:30 horas |
Maio | 17:30 horas |
Xuño | 18:00 horas |
Por outra parte, fíxanse como franxas horarias hábiles para disputar partidos, para o sábado entre as 16:00 e as 19:00 horas e, para o domingo (en sesión matinal), a partir das 11:00 ou 11:30. Fóra destas franxas o equipo locatario terá que chegar a un acordo co equipo contrario.
- Os equipos teñen a obriga de estar no campo alomenos trinta minutos antes da hora fixada para o comezo do
- No caso de que un equipo se demorase máis de trinta minutos despois da hora fixada para o comezo do partido, soamente se xogará o partido se o equipo contrario o acepta.
- De non aceptar xogar o partido, por non estaren obrigados, aplicaráselle ó equipo causante o disposto no artigo 39 a) deste Regulamento.
Artigo 17º. A duración dos partidos así como as normas do xogo serán as mesmas cás da Real Federación Española de Fútbol, agás nos seguintes casos:
- todas as accións de man, dentro ou fóra da área, serán sancionadas con cartón amarelo.
- Se o porteiro toca o balón coa man fóra da área.
- Se un xogador fai unha falta sendo o último defensor, a non ser que deba ser sancionada con cartón vermello directo.
Artigo 18º. Antes do inicio do partido cada equipo deberá entregarlle ó árbitro unicamente ás fichas dos xogadores que vaian participar nese encontro. De incorporarse xogadores posteriormente, as fichas serán entregadas para a súa inscrición na acta durante o descanso ou no final do partido. O árbitro non poderá admitir máis fichas cás dos xogadores presentes.
Artigo 19º. O árbitro negarase a inscribir na Acta do partido aqueles xogadores que non dispoñan da correspondente ficha, salvo causa de forza maior, entendéndose por tal o extravío dese documento. Nese caso, o árbitro deberá reflectilo na Acta e inscribir os xogadores previa a presentación do seu DNI ou documento de identificación equiparable.
Artigo 20º. O número de cambios durante o partido é ilimitado. Poderán realizarse sen aviso previo ó árbitro eo xogador non poderá entrar no campo mentras non saia o substituído. A entrada será polo centro do campo.
Artigo 21º. 1. O número mínimo de xogadores para poder iniciar un partido será de alomenos sete.
- Se durante o transcurso do partido algún dos equipos quedase con menos de 7 xogadores, o árbitro procederá á suspensión do encontro.
- Se no momento da suspensión o resultado fose favorable, tanto se gaña como se empata, ó equipo causante da suspensión, daráselle por perdido o partido polo resultado de un gol a cero (1-0), e será sancionado con cinco puntos no Trofeo da deportividade
Artigo 22º. 1. No banco do equipo só poderán estar persoas con ficha en vigor de calquera dos equipos participantes no partido.
- Enténdese como tales os xogadores suplentes e os delegados dos equipos que figuren refletidos na Acta do partido e estean debidamente identificados polo árbitro.
- Se o delegado dun equipo non tivese ficha como xogador da C.F.V.O. terá que solicitala como Delegado ó órgano correspondente.
- O responsable de facer cumprir esta norma é o Delegado do equipo De aplicarse algunha sanción por este motivo recaerá sobre a súa persoa 4.
4 Acordo do 1/09/05
Artigo 23º. 1. Se un equipo se vise obrigado a modificar a hora de comezo do partido, cambiar o campo habitual ou a color da súa equipaxe, terá obrigatoriamente que dar aviso de calquera cambio setenta e dúas horas antes da sinalada oficialmente para o comezo do partido (sinálanse como límite as 22:00 horas do mércores inmediatamente anterior) ó delegado do equipo contrario, ó árbitro e á A.C.F.V.O.
- O equipo contrario non poderá negarse a tal cambio se fose avisado dentro do prazo indicado no punto anterior. No caso de negarse seralle de aplicación o artigo 39 deste Regulamento.
Artigo 24º. No caso de coincidiren as cores da equipaxe dos dous equipos que vaian disputar o partido, estará obrigado a cambiar de uniformidade o equipo visitante. Será o árbitro o que decida se hai coindicencia que poida xerar confusión por causa das cores do uniforme dos dous equipos.
Artigo 25º. 1. Non se poderá aprazar ningún partido de non mediar causa moi xustificada, como pode ser o falecemento dun compoñente do equipo ou familiar moi achegado: esposa, pais, fillos, pais políticos, irmáns ou irmáns políticos ou suceso equiparable.
- Na reanudación dos partidos suspendidos, poderá participar calquera xogador do cadro do equipo.
- Se se suspendese un partido por algun dos motivos indicados no punto anterior ou pola non presentación do árbitro, e non houbese en principio acordo dos delegados para fixar unha data, daráselles un prazo de quince días para determinar unha data.
- Se, aínda así, non houbese acordo, será a C.F.V.O. a que determinará de xeito definitivo e inapelable a data de celebración do partido. A negativa de calquera dos equipos a aceptar esta decisión levará consigo a aplicación do artigo 39 deste Regulamento.
Artigo 26º. Os gastos derivados da arbitraxe serán abonados polo equipo local antes de comezar o partido.
Artigo 27º. 1. O presidente da A.C.F.V.O. poderá elixir ó chou dentro de cada xornada un determinado número de partidos nos que o árbitro, en presenza dos respectivos delegados dos equipos, faga unha revisión de fichas de todos os xogadores inscritos na acta.
- De xurdir calquera dúbida sobre a identidade dun xogador, o árbitro poderá solicitarlle a presentación do DNI orixinal –ou documento de identificación equiparable. No caso de negarse será sancionado de acordo co disposto no Artigo 40, alínea 1.
Artigo 28º. 1. Por requirimento do árbitro ou petición do equipo contrario, os equipos estarán obrigados a realizar unha revisión de fichas antes do comezo do partido, ou no intermedio deste.
- De negarse algún dos equipos, será sancionado con cen euros (100€).
Artigo 29º. 1. Os ascensos e descensos dos diferentes equipos e competicións serán obrigatorios, polo que ningún equipo poderá negarse nin ceder o seu posto a outro.
- Se algún equipo non fixese a inscrición para a seguinte temporada provocando un oco na división á que pertencía, resolverase a situación co seguinte criterio: ascenderán das división inferiores os equipos inmediatamente seguintes ós que regulamentariamente Os descensos mantéñense en todo caso.
- Se un equipo se retirase durante a competición ou fose expulsado unha vez iniciada esta, anularanse todos o seus resultados, agardarase a que remate a competición e considerarase descendido a todos os efectos independentemente do lugar que ocupase na clasificación.
Artigo 30º. 1. O equipo que se proclame campión da División de Honra da liga ó finalizar a temporada poderá participar no Torneo Interprovincial das Asociacións de Fútbol Veterano de Galicia, que todos os anos se ven organizando de forma rotatoria, coa participación dos campións pertencentes ás diferentes Asociacións de Galicia e terá que sufragar todos os gastos derivados desta participación.
- Se este equipo participase no Torneo de Copa, o sábado no que coincida partido de eliminatoria do Torneo Inerprovincial, disputará o partido correspondente á eliminatoria de Copa durante a semana, non antes das 20:00 horas, ou o domingo, non antes das 11:00 horas 5.
Artigo 31º. A A.C.F.V.O. non se fai responsable. baixo ningún concepto, de calquera tipo de lesión ou accidente, independentemente de que suceda dentro ou fóra do terreo de xogo. Para cubrir esta continxencia, cada xogador deberá ter dilixenciado o correspondennte seguro deportivo. De non ser así, non poderá ser alineado.
IV. Do procedemento sancionador e o Comité de Competición
Artigo 32º. 1. O Comité de Competición da A.C.F.V.O. estará formado polo Presidente da Asociación e ademais por un delegado en representación de cada unha das categorías, que será elixido polos equipos de cada unha delas. Este Comité será renovado cada temporada.
- As súas función, entre outras, serán a de entender en todas as cuestións disciplinarias e aplicar as sancións correspondentes.
- Todos os equipos estarán obrigados a respectar e acatar todas as súas decisións.
Artigo 33º. 1. Toda reclamación que se efectúe durante ou á finalización dun partido deberá ser reflectida polo árbitro na acta correspondente ó partido disputado. Para que poida ser tida en consideración a reclamación deberá ser asinada polo Delegado do equipo reclamante sen prexuízo do que se dispón nos artigos seguintes.
5 Acordo do 30/03/09
- O delegado do equipo que efectúa a a reclamación disporá dun prazo improgable de setenta e dúas (72) horas para presentala por escrito no que deberá figurar necesariamente o nome, DNI e sinatura do delegado que o De non cumprir todos e cada un destes requisitos, non será aceptada.
- Asimesmo acompañarase coa documentación necesaria para probar de forma determinante o feito reclamado.
- Calquera equipo que se sinta afectado ou prexudicado por unha situación anómala producida durante un partido entre outros equipos poderá tamén presentar reclamación nos termos que se establecen máis arriba.
Artigo 34º. Os equipos sancionados economicamente deberán facer efectiva a contía da sanción dentro dun prazo máximo de quince días a partir da comunicación da sanción. No caso de non facelo serán expulsados da A.C.F.V.O.
Artigo 35º. Ó equipo que no transcurso dun partido se retirase do mesmo daráselle por perdido o partido polo resultado de tres goles a cero (3-0), quitaránselle seis (6) puntos da clasificación á que pertenza, terá que aboar unha multa de cento cincuenta euros (150€) e será penalizado con cincuenta (50) puntos no Trofeo á deportividade.
Artigo 36º. 1. Todos aqueles xogadores que fosen sancionados con cartón vermello directo non poderán participar no seguinte partido, aínda que non reciban comunicación da sanción por parte do Comité de Competición.
- Se a expulsión se producise por dobre cartón amarelo, poderán xogar o seguinte partido.
- Se por calquera motivo houbese que suspender un partido por causas achacables a un xogador concreto dun equipo, daraselle por perdido o partido ó equipo do xogador causante polo resultado de tres (3) goles a cero (0).
- Para estes efectos, os delegados están obrigados a contabilizar os cartóns dos seus respectivos equipos.
Artigo 36 bis. A suspensión implicará a prohibición de aliñarse en tantos partidos desa competición como abranga a sanción pola orde no que teñan lugar, independentemente de que, por alteración do calendario, se trate de aprazamentos, repeticións, suspensións ou calquera outra circunstancia.
Artigo 37º. As sancións económicas impostas ós xogadores terán que ser aboadas por eles e non poderán xogar mentres non se faga efectivo o pagamento.
- No caso excepcional de que o delegado do equipo solicite a súa participación nun partido, unha vez cumprido o período de sanción imposto, e sen ter pagada a sanción económica, será o delegado o que se responsabilice da débeda pendente 6.
Artigo 38º. Para os efectos do Trofeo á deportividade contabilizaranse os cartóns recibidos con cinco puntos os vermellos e, dous, os amarelos. O resto das sancións veñen determinadas nos seus correspondentes artigos.
Artigo 39º. 1. O equipo que non se presente a xogar un partido perderá o encontro polo resutado de tres goles a cero (3-0), será penalizado con seis puntos na clasificación da categoría á que pertenza e deberá de aboar todos os gastos derivados (arbitraxe, campo etc…). Ademais, imporáselle unha sanción económica de noventa euros (90€) e terá unha penalización de cincuenta puntos (50) na clasificación do Trofeo á deportividade.
- No caso de presentarse e que non se xogase o partido por incumprimento do artigo 16 ou por outras causas, daráselle por perdido o partido ó equipo causante polo resultado de tres goles a cero (3-0), deberá aboar os gastos derivados do partido coma se se disputara, será sancionado cunha multa de sesenta euros (60€) e imporáselle unha penalización de tres puntos (3) na clasificación da categoría á que pertenza e de vinte (20) puntos na do Trofeo á deportividade.
Artigo 40º. Aliñacións indebidas.
- No caso de un equipo aliñe un xogador indebidamente por algunha das causas seguintes: non posuír ficha en vigor da C.F.V.O., ter ficha como xogador federado, estar sancionado polo Comité de Competición, ter ficha sen renovar7na A.C.F.V.O., verá anulado de oficio o resultado do partido sancionando ó infractor coa perda do encontro polo resultado de tres goles a cero (3-0), será penalizado con seis (6) puntos na clasificación da categoría á que pertenza e terá que aboar, como sanción, noventa (90€) euros. No caso de reincidencia poderá ser expulsado da competición.
- Ó xogador que, sabendo que está suspendido con algún partido, se aliñe co seu equipo, seralle dobrada a sanción e, no caso de reincidir, será expulsado automaticamente da competición.
- No caso de que un xogador suspendido se aliñe coa ficha doutro será sancionado con dous (2) anos e cento cincuenta (150€)
- O equipo que falsifique o DNI dun xogador será expulsado automaticamente da competición e daC.F.V.O. Para poder ser readmitido nas competicións organizadas pola Asociación, haberá que sometelo á votación da Asemblea Xeral 8.
- Os xogadores sancionados non poderán exercer como delegados mentres lles dure a sanción.
6 Acordo do 1/09/08
7 Equivale a non ter ficha en vigor
8 Acordo do 1/09/08
Artigo 41º. 1. No caso de tumulto de xogadores con agresións físicas, de seren identificados os participantes, serán expulsados da A.C.F.V.O. Se non fosen identificados os autores e de ser considerados graves os incidentes, sería expulsado da competición o equipo culpable.
- Os equipos asi sancionados non poderán participar nas competicións daC.F.V.O. co mesmo nome, nin tampouco poderán participar os xogadores noutros equipos nas temporadas seguintes.
- Para a identificación dos xogadores participantes no tumulto e as agresións terase en conta a Acta Arbitral.
Artigo 42º. O Comité de Competición determinará se un equipo pode ser expulsado da competición por un, dous ou máis anos, dependendo da gravidade dos feitos que motivasen esa decisión.
Artigo 43º. Todos os xogadores que, pertencendo a un equipo da A.C.F.V.O. e non estando en disposición de participar nun partido por non estaren inscritos na Acta correspondente, durante o desenvolvemento do partido menosprecen ó árbitro ou a xogadores que estean no terreo de xogo serán sancionados, de poder ser identificados, de acordo co cadro de sancións en vigor no momento de cometer esa infracción.
Artigo 44º. Os árbitros están obrigados a denunciar ante a A.C.F.V.O. a todos os equipos nos que crean poidan cometer irregularidades nas aliñacións.
Artigo 45º. No caso de que os delegados dos equipos que durante o desenvolvemento dun partido menosprecen ou insulten ó árbitro ou compoñentes do equipo contrario, o equipo ó que representan será sancionado economicamente en función da gravidade dos feitos a xuízo do Comité de Competición.
Artigo 46º. 1. O Comité de Competición resolverá todas as incidencias que figuren neste Regulamento, así como calquera outra que fose susceptible de interpretación, aínda que non estean recollidas no mesmo.
- O Comité ten toda a autoridade para abrir expediente, iniciar unha investigación, sancionar ou dictaminar se procedese a expulsión dalgún equipo ou xogador da competición.
- O Comité de Competición resolverá a reclamación ou reclamacións interpostas polos interesados esgotando a vía de recursos e poñendo fin ó procedemento, polo que o seu dictame terá carácter definitivo.
Disposicións adicionais
Primeira: A palabra ‘federado’ que aparece citada ó longo deste Regulamento deberá entenderse referida a calquera xogador que teña ficha en vigor coa Federación de Fútbol sexa cal fose esta. Quedan excluídos os demais deportes.
Segunda: O ámbito de aplicación deste Regulamento é unicamente o propio dos asuntos relacionados coa Asociación Cultural de Futbolistas Veteranos de Ourense.
Terceira: Para todos aqueles aspectos que non estean reflectidos neste Regulamento e que puidesen obstruír o bo funcionamento desta A.C.F.V.O., o Comité de Competición ten todas as facultades para resolver calquera dúbida, discrepancia ou problema que xurda.
- Os equipos teñen a posibilidade de recorrer os acordos deste órgano dirixíndose por escrito ou actuando en persoa na sede social dentro das setenta e dúas horas seguintes ó feito causante.
Disposición transitoria
Primeira: Este Regulamento completarase, de ser o caso, coa normativa que dispoña o Comité de Árbitros no seu momento.
Disposición final
Este Regulamento entrará en vigor a partir da Temporada 2004/2005 e queda supeditato ás modificacións que se produzan a partir dese momento.
ANEXO CADRO DE SANCIÓNS
I. Cartóns
- Acumulación de cinco (5) cartóns amarelos – 1 partido
- Cada un dos seguintes ciclos de tres (3) cartóns amarelos – 1 partido
- Dous cartóns amarelos no mesmo partido – Expulsión
- Cartón vermello por calquera acción violenta – 3 partidos
- Negativa a abandoar o campo unha vez expulsado – 10 partidos e 30€
II . Agresións
a) entre xogadores
- Intento de agresión a un contrario – 6 partidos e 30€
- Repeler unha agresión – 15 partidos e 70€
- Agresión a un contrario – 25 partidos e 70€
- Agresión a un contrario con lesión – Expulsión da competición
b) ó árbitro
- Intento de agresión ó árbitro – 1 ano e 100€
- Agresión ó árbitro sen causar lesión – 2 anos 150€
- Agresión ó árbitro con lesión – Expulsión da competición
III. Outras
a) entre xogadores
- Cartón vermello por menosprezo a un contrario – 1 partido
- Insultos graves a un contrario – 3 partidos
b) ó árbitro
- Cartón vermello por menosprezo ó árbitro – 2 partidos
- Ameazar ó árbitro – 6 partidos e 30€
- Insultos graves ó árbitro – 6 partidos e 30€
- Empurrar ou zarandear ó árbitro ou tirarlle as tarxetas da man – 25 partidos e 30€